10:30 hasta las 20:30
BERTA CÁCCAMO. CORRESPONDENCIAS DE ARQUIVO

BERTA CÁCCAMO. CORRESPONDENCIAS DE ARQUIVO

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Datas: 12/04/2024 - 09/06/2024

Localización: Edificio Castelao

Comisario: Juan de Nieves

Este proxecto expositivo, concibido especificamente para o Museo de Pontevedra, aborda unha perspectiva inédita ou pouco explorada ata hoxe: a importancia do arquivo de Berta Cáccamo, entendido desde unha visión complexa e expandida, e as súas conexións directas coa súa pintura e coa súa obra en papel.

Logo do seu falecemento en 2018 constituíuse o Legado Berta Cáccamo, co obxectivo de manter viva a súa memoria e de difundir a súa obra. En paralelo á organización de diferentes exposicións, á publicación de libros sobre o seu traballo e a inserción das súas obras en importantes institucións españolas, o Legado catalogou e ordenou a súa obra e o seu arquivo. A próxima doazón da parte documental do Legado ao Museo de Pontevedra constitúe unha oportunidade única para mostrar as conexións entre os diferentes rexistros presentes no arquivo (cadernos, axendas, diarios, libros de artista, correspondencia, fotografías e obxectos, entre outros) e a súa obra pictórica.

https://museo.depo.gal/-/exposicion-berta-caccamo-correspondencias-de-arquivo

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android