11:00 hasta las 20:00
Símbolos do conflicto

Símbolos do conflicto

Trátase dun achegamento a unha figura imprescindible da fotografía de autor en Galicia que nas dúas últimas décadas foi afinando as súas liñas de traballo e investigación estética anteriores.

Julio Gil naceu en Ourense en 1954 e vive en Vigo. Matemático de profesión, desenvolveu unha intensa carreira como fotógrafo desde mediados dos anos 70, participando activamente nas transformacións da fotografía galega contemporánea. A exposición 'Símbolos de conflito' aborda a produción artística de Julio Gil no século pasado , confrontando a súa obra persoal e o seu impacto na definición do que entendemos por fotografía contemporánea.

Nos últimos anos, a obra de Julio Gil cambiou para conformar un universo creativo moi orixinal. Introduciu sistematicamente a fotografía en cor, organizou a produción a partir de series fotográficas e profundou nunha investigación estética que vai desde a reflexión sobre o imaxinario vernáculo ata o establecemento dunha narrativa máis centrada na conceptualización que na indagación formal.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android