10:00 hasta las 20:00
Eloxio do silencio

Eloxio do silencio

Eloxio do silencio é unha exposición antolóxica do escultor Silverio Rivas que mostra unha revisión de gran parte da súa obra e que permite entender a escultura contemporánea en Galicia.

A exposición inclúe obras desde os seus inicios na abstracción ata a actualidade, agrupando as obras por tipoloxías ou materiais, convidándonos a descubrir a orixe do seu proceso creativo, sempre dirixido á procura do equilibrio, a harmonía e a perfección.

O artista alterna o traballo da pedra co metal ou a madeira, agora transformada en estruturas xeométricas nas que abre fisuras, crea ocos ou xera espazos ilusorios de luz, servíndose da cor. Cabe mencionar tamén, as obras creadas a partir de obxectos cotiáns, que ao ser manipulados obteñen unha nova vida, seguindo o exemplo do Novo Realismo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android