19:00
Conferencia: 'Poder e periodismo', por Jesús Cintora

Conferencia: "Poder e periodismo", por Jesús Cintora

Conferencia:

“Poder e periodismo”

Relator: Jesús Cintora (periodista, presentador de televisión)

Día: martes, 26 de decembro de 2023

Hora: 19:00

Lugar: salón de actos do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa do Padre Amoedo Carballo, 3)

O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia Poder e periodismo, impartida por Jesús Cintora.

O xornalista soriano aproveitará o acto para presentar dous dos seus últimos libros publicados: No quieren que lo sepas e La Conjura, que estarán a disposición dos asistentes interesados na súa adquisición.

A actividade terá lugar o vindeiro martes, 26 de decembro, ás 19 horas, no salón de actos do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Do relator

Jesús Cintora é periodista, presentador de televisión e radio, escritor, conferenciante… Na tele, presentou espazos como “Las Mañanas de Cuatro”, “Cintora a pie de calle” e “La línea roja” (Cuatro TV, Mediaset); “Las cosas claras” (TVE) e “Carretera y manta” (La Sexta, Atresmedia). En radio, traballou na Cadena SER (1996-2011), onde comezou facendo prácticas, coordinou o tramo informativo de “Hoy por hoy”, con Iñaki Gabilondo, e dirixiu os noticiarios “Matinal”, “Hora 14” e “Hora 25 fin de semana”. Tamén foi membro da redacción que inicou as emisións dixitais de Radio Marca e colaborou con Telecinco, 13TV ou a Axencia EFE. Coa editorial Espasa publicou os libros No quieren que lo sepas, La Conjura, Conspiraciones e La hora de la verdad. Ten centos de miles de seguidores en Twitter, Facebook e Instagram. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra.

COLABORA: Museo de Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android