19:00
Presentación do libro: MUSEO PROVINCIAL DE LUGO: ORIXE E CONSOLIDACIÓN (1932-1982)

Presentación do libro: MUSEO PROVINCIAL DE LUGO: ORIXE E CONSOLIDACIÓN (1932-1982)

Presentación do libro 'Museo Provincial de Lugo: Orixe e consolidación (1932-1982)', de Aurelia Balseiro García no Museo de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves, 9 de febreiro, ás 19:00h. a presentación do libro Museo Provincial de Lugo: Orixe e consolidación (1932-1982), de Aurelia Balseiro García. No acto intervirá, ademais da autora,  o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.

Como se recolle no título, a publicación, que se edita coincidindo co noventa aniversario do centro museístico, trata sobre a súa orixe e consolidación na súa primeira andaina, entre 1932 e 1982. O estudo remata cronoloxicamente en 1982, cando cumple cincuenta anos de existencia, pero tamén analiza a xestación da idea do museo e os intentos de creación desde mediados do século XIX, recuperando os antecedentes que derivaron no acordo de creación do Museo Provincial de Lugo pola Deputación en 1932.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android