19:00 hasta las 20:30
Versos a dúas voces

Versos a dúas voces

"I mostra Versos a dúas voces" En Pontevedra, na Semana da celebración do Día Mundial da Poesía.

Mércores 20 de marzo

No Museo de Pontevedra. Bases:

1. Poderán participar autores pontevedreses ou non coa única condición de que os versos elixidos estean en galego ou portugués. Non haberá limitación por idade, aínda que dada a natureza do blog http://devellabella.com/ animamos especialmente os autores de +60 .

2. A mostra consistirá no recitado por parellas dun único poema ou fragmento, xa existente ou elaborado para a ocasión, e que deberá ser como mínimo da autoría dun dos participantes.

3. O recitado poderá levar acompañamento musical, (a propia organización encargarase de proporcionalo) se así o desexan os/as autores/as, mais en calquera caso contarán cun tempo límite de dous minutos, que non deberá sobrepasarse dada a importancia que ten cara ao desenvolvemento do acto co fin de manter unha necesaria ecuanimidade na intervención de cada parella.

4. Un mesmo poeta ou acompañante non poderá formar parte de máis de un recitado.

5. O tema dos versos será libre, evitando, iso si, contidos inadecuados ou ferintes por insultos, vexacións, etc. en cuxo caso serían rexeitados polas entidades convocantes.

6. As persoas interesadas deberán inscribirse con anterioridade ao 15 de febreiro de 2024 no correo devellabella@gmail.com indicando no ASUNTO: VERSOS A DÚAS VOCES. No corpo da mensaxe debe figurar o nome e apelidos dos participantes (dos dous) e a súa procedencia. En arquivo á parte INCLUIRASE O TEXTO ELIXIDO PARA A MOSTRA E O TÍTULO.

7. A orde de actuación será a de inscrición.

8. Os poemas serán publicados en número especial da revista que publica o blog De vella a bella e ademais na súa canle de youtube. "https://devellabella.com/i-mostra-poetica-versos-a-duas-voces/

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android