09:30 hasta las 19:30
Xornadas | A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO

Xornadas | A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO

VI XORNADAS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO LUCENSE: A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO

14 E 15 DE ABRIL DE 2023 | Salón de Actos da Deputación de Lugo 

PRAZAS: 120 presenciais, variable en función do aforo
INSCRICIÓN: obrigatoria a inscrición previa gratuíta por rigorosa orde de entrada 
MODALIDADES: presencial e en liña

Formulario de inscrición no Museo Provincial de Lugo e na web 
http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=45&id=12006

A Numismática é a ciencia que estuda as moedas, desde a súa descrición ata o seu contexto arqueolóxico, histórico e interpretación.

O termo “moeda” procede do latín moneta, sobrenome da deusa romana Iuno Moneta, xunto a cuxo templo os antigos romanos situaron o seu primeiro obradoiro de cuñaxe. As moedas  son a forma de diñeiro máis importante da historia, dende a súa aparición a finais do s. VII  a.C. na costa grega de Asia Menor e na China.

Con estas xornadas monográficas preténdese difundir a importancia da historia monetaria  no conxunto dos estudos e investigacións do noso pasado, contribuíndo a sinalar a súa importancia e poñendo en valor o significado e simbolismos duns obxectos que, perdido o seu valor fiduciario, seguen a ser fontes de información transcendentais.

Interpretar as moedas no contexto das culturas e períodos históricos do Noroeste peninsular desde a Antigüidade ata os nosos días, contribuirá a visualizar que son pezas especialmente relevantes para o estudo da economía, sociedade, relixión, política, iconografía ou da arte. Polo tanto, o programa amosado non só está dirixido á comunidade científica senón tamén a todos os interesados no tema, estudantes, afeccionados, traballadores de museos, 
coleccionistas, docentes, guías turísticos,… etc.

O marco temporal intenta abarcar unha visión histórica global para apreciar as circunstancias da introdución da moeda na antiga Gallaecia e o seu desenvolvemento posterior.

Enviarase diploma acreditativo de asistencia á xornada (16 horas lectivas). 
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións. 

ORGANIZACIÓN: Museo Provincial de Lugo
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN: Aurelia Balseiro García direccion@museolugo.org, 
e Pablo Núñez Meneses.
COMITÉ ORGANIZADOR: Encarna Lago, Aurelia Balseiro, Antonio Roma, 
Enrique Alcorta e Mª Ofelia Carnero.
SECRETARÍA TÉCNICA: Enrique Alcorta e Mª Ofelia Carnero 
(Dpto. de Arqueoloxía/Historia do MPL).
COLABORACIÓNS: Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, USC, 
Universidad de Sevilla, MAN, MNAC, Museo Pontevedra.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android