19:30
METEORITO DE TRASPENA

METEORITO DE TRASPENA

Na madrugada do 18 de xaneiro de 2018 unha bola de lume iluminou o ceo, facendo impactar en Traspena  (Lugo) ao primeiro e  único meteorito recolleito en Galicia. A súa luz chegou a percibirse desde Andalucía, e acadou unha velocidade de 15 quilómetros por segundo.

Os investigadores foron quen de calcular a traxectoria, o tamaño e a masa do asteroide a partir do meteorito de pouco máis de medio quilo achado en Baralla. O asteroide pesaba 2,6 toneladas e tiña un diámetro de 1,5 metros antes de chocar coa atmosfera terrestre e  converterse en varias  pedras. Unha delas, de 527 gramos, pode verse xa no Museo de Historia Natural da USC en Santiago, outra será entregada ao Concello de Baralla en próximas datas.

Foi un grupo multidisciplinar galego o que escribiu a historia desta investigación. E vai ser Manuel Andrade Baliño, profesor-investigador de Astronomía e Astrofísica do Campus Terra de Lugo o que virá a Muras o próximo venres 26 de Maio para nos explicar con detalle o desenrolo deste interesante achado.

A actividade encádrase baixo no eido Muras Starlight - certificación de calidade de ceos Starlight acadado polo Concello de Muras. A cita será na Casa do Médico, ás 19:30 h. E de balde e non require inscrición.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android