12:00
III MOSTRA POÉTICA • VERSOS A DÚAS VOCES
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
http://Devellabella.com/, coa colaboración do Ateneo de Pontevedra, organiza unha nova edición de Versos a dúas voces, que se celebrará o sábado 14 de marzo de 2026 ás 12:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, sumándose á celebración do Día Mundial da Poesía.
A mostra consiste no recitado ou performance en parella dun poema en galego ou portugués, cun tempo máximo de dous minutos por intervención.
Aberta a todas as idades (animando especialmente ás persoas maiores de 60 anos).
Prazo de inscrición ata o 28 de febreiro de 2026.
Inscrición en: devellabella@gmail.com (Asunto: VERSOS A DÚAS VOCES)
O acto contará tamén cunha actuación de música tradicional galega. A entrada será libre ata completar aforo.
Bases completas en https://devellabella.com/iii-mostra-poetica-versos-a-duas-voces/
Agradecemos a difusión desta iniciativa que busca celebrar a palabra compartida e o diálogo entre voces.



