USC Universidade de Santiago de Compostela
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
A mostra da artista Natalia Pía Piadosa titulada 'Preferiría non facelo' poderá verse na Facultade de Filosofía do 4 ao 25 de maio. Humorista e ilustradora a partes iguais, Pía Piadosa é unha artista moi orixinal e versátil, que tan pronto fai debuxo como cerámica ou collage, cunha obra que provoca a reflexión do espectador sobre a súa propia situación como individuo e como integrante dunha sociedade.
Coas súas ilustracións non quere cambiar o mundo, senón retratar os problemas da existencia cotiá. Trátase dunha mirada irónica, mesmo divertida, á nosa contemporaneidade e aos problemas do día a día, desde unha actitude moi millennial de “báixome da vida”. Despois de pasar pola Facultade de Belas Artes de Barcelona e traballar en Panamá como publicista e directora de arte no cinema, Pía Piadosa está de volta en Galicia para dedicarse en corpo e alma ao seu traballo como viñetista. Ao longo deste mes de maio poderá contemplarse unha ampla selección da súa obra feita por ela mesma. A exposición conta cunha axuda da Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio da Universidade no marco da convocatoria de axudas a proxectos para a dinamización de actividades culturais e deportivas.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/mostra-preferiria-facelo-artista-natalia-pia-piadosa
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar