19:30
Proxección do filme 'As amargas lágrimas de Petra von Kant', de Rainer Werner Fassbinder

Proxección do filme 'As amargas lágrimas de Petra von Kant', de Rainer Werner Fassbinder

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'As amargas lágrimas de Petra von Kant', de Rainer Werner Fassbinder (RFA, 1972, 124 min, VOSE) nas Sesións de Filmoteca da Primavera Cultural 2026. Será o mércores 20 de maio no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.

"Petra Von Kant é unha cotizada deseñadora de moda que vén de separarse. Nun asfixiante apartamento-estudio, rexe con man caprichosa a vida de quen a rodea, especialmente a súa secretaria, Marlene, muda, submisa e eficiente. Petra namora dunha moza proletaria, Karine, pero non é correspondida. O hiperactivo e lúcido Rainer Werner Fassbinder (1945-1982) amosa de modo maxistral a complexidade dos afectos nun conto de amor, posesión e celos que bebe do seu querido Douglas Sirk.” FILMOTECA DE GALICIA

O filme obtivo os Premios do cine Alemán 1973 á mellor película, mellor actriz (Margit Carstensen), mellor actriz secundaria (Eva Mattes) e mellor fotografía.

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-amargas-lagrimas-petra-von-kant-rainer-werner-fassbinder
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android