12:00
Celebración do Día das Letras Galegas

Celebración do Día das Letras Galegas

A Universidade de Santiago celebrará o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Begoña Caamaño, cun acto o 12 de maio ás 12.00 horas no Salón Nobre do Pazo de Fonseca que presidirá a reitora Rosa M. Crujeiras e ao que tamén asiste a alcaldesa Goretti SanMartín.

O evento comezará coa intervención do profesor Francisco Cidrás Escáneo, director do departamento de Filoloxía Galega, que presentará o libro Begoña Caamaño: mudar o mundo, para logo continuar cunha lectura dramatizada de fragmentos da novela Morgana en Esmelle a cargo das estudantes do Grao en Lingua e Literatura Galega Cecilia Gómez Gutiérrez, Iria Liñares Cereixo, Xiana Sar Rañó e Sabela Treinta Lomba.

A conferencia este ano corresponderalle á profesora do departamento de Filoloxía Galega, María Xesús Nogueira Pereira, e leva por título ‘Todas as Begoñas posíbeis’.

O acto estará amenizado pola artista Alba María.

Fuente: https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/celebracion-dia-letras-galegas
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android