19:30
Proxección do filme 'Casablanca', de Michael Curtiz
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Casablanca', de Michael Curtiz (EEUU, 1942, 103 min, VOSE) nas Sesións de Filmoteca da Primavera Cultural 2026. Será o mércores 6 de maio no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
"Inicios dos anos 40 en Casablanca, Marrocos. Nido de espías, o heroe da resistencia Victor Laszlo intenta fuxir da Gestapo xunto coa súa parella Ilsa Lund. A súa única esperanza parece ser un antigo amante desta, un cínico expatriado americano que rexenta o Rick’s Café. ” FILMOTECA DE GALICIA.
O filme foi premiado na 16 Edición dos Oscar (1944) á mellor película, mellor dirección e mellor guión.
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-casablanca-michael-curtiz


