19:30
Proxección do filme 'À nos amours', de Maurice Pialat

Proxección do filme 'À nos amours', de Maurice Pialat

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'À nos amours', de Maurice Pialat (Francia, 1983, VOSE, 102 min) nas Sesións de Filmoteca da Primavera Cultural 2026. Será o mércores 25 de marzo no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.

"A moza Suzanne non é capaz de entregarse emocionalmente ao seu pretendente e comeza a ter furtivos encontros sexuais, sempre evitando o amor e a expresión das emocións. Suzanne foxe das complexidades familiares, presididas por un pai que desaparece, unha nai histérica e un irmán agresivo. O espertar sexual e a educación sentimental dunha adolescente nun axustado relato que supuxo o debut (con quince anos) de Sandrine Bonnaire como actriz. Excelente Pialat no papel do pai nun filme que obtivo premios César á mellor película e actriz promesa (Bonnaire) e o Prix Louis Delluc." FILMOTECA DE GALICIA.

O filme obtivo en 1983 nominacións aos Premios César, mellor película, mellor actriz novel (Bonnaire). En 1984, no Festival de Berlín, estivo nominada a mellor película na Sección oficial de longametraxes.

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-amours-maurice-pialat
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android