19:30
Proxección do filme 'Os 400 golpes', de François Truffaut
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Os 400 golpes', de François Truffaut (Francia, 1959, VOSE, 93 min) nas Sesións de Filmoteca da Primavera Cultural 2026. Será o mércores 22 de abril no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
"Un neno de trece anos, Antoine Doinel, leva unha problemática vida co seu padrasto e a súa nai. Doinel é un neno soñador, inconformista, en parte asocial, que dificilmente soporta o mundo familiar cheo de amargura. Unha mentira escolar faille meditar sobre a fuxida. Primeira (e mítica) película de Truffaut, un dos filmes que axudaron a construír a Nouvelle Vague. Comezou a rodar un día antes da morte do seu mestre André Bazin, foi premiada en Cannes e tivo un importante éxito de público. Destacan tamén as aparicións de Jeanne Moreau e Jean-Claude Brialy.” FILMOTECA DE GALICIA
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-400-golpes-francois-truffaut


