19:30
Proxección do filme 'A condena', de Bela Tarr

Proxección do filme 'A condena', de Bela Tarr

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'A condena', de Bela Tarr (Hungría, 1988, VOSE, 114 min) nas Sesións de Filmoteca da Primavera Cultural 2026. Será o mércores 29 de abril no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.

"Karrer vive nunha comunidade mineira. Todas as súas tardes finalizan no bar Titanik, cuxo dono lle ofrece ser parte dunha operación de contrabando. Karrer pásalle o traballo ao marido da cantante do bar, coa que mantén un romance. Unha historia de amor e traizón onde os espazos, os animais e o clima adquiren tanta importancia como os protagonistas. Unha das películas favoritas de Susan Sontag, próxima no seu tratamento a Antonioni ou Tarkovski.” FILMOTECA DE GALICIA

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-condena-bela-tarr
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android