19:30
Proxección do filme 'Vikingland', de Xurxo Chirro
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Vikingland', de Xurxo Chirro (España, 2011, 99 min) nas Sesións de Filmoteca da Primavera Cultural 2026. Será o mércores 15 de abril no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
"Un singular filme galego que obtivo recoñecementos en Marsella, Mar del Plata e Xixón, o éxito creativo do ano. Detectando á perfección as tendencias creativas da mellor non ficción contemporánea, Vikingland, “idea e manipulación” a cargo de Xurxo Chirro, provén dun material acumulado alleo, produto das gravacións persoais do mariñeiro Luis Lomba ‘o Haia’, compañeiro de viaxe do pai de Chirro, e realizadas en Dinamarca e Alemaña entre outubro de 1993 e marzo de 1994. Unha inmersión moderna e rotundo cuestionamento do (suposto) retraso estético audiovisual propio, un título pletórico e infestado de humor –ironía-, Chirro presenta unha transposición máis que libre do Moby Dick de Melville –incrusta unha estrutura narrativa dividida en capítulos- que lle permite engarzar coa mellor tradición da remontaxe, procurándolle un novo sentido ás (sorprendentes) imaxes e fundindo con sagacidade diario, epístola, ensaio e apropiacionismo, un fresco discurso sobre a condición da mirada, o efecto de representación e as consecuencias do metarrelato.” FILMOTECA DE GALICIA
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-vikingland-xurxo-chirro


