19:30
Proxección do filme 'Adiós Cuba', de Rolando Díaz

Proxección do filme 'Adiós Cuba', de Rolando Díaz

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Adiós Cuba', de Rolando Díaz (Cuba, España, Estados Unidos, 2025, 100 mns, VO) nas Sesións de Filmoteca da Primavera Cultural 2026. Será o mércores 3 de xuño no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.

"Caridad, unha directora de teatro cubana exiliada en Valencia, empéñase en montar unha obra sobre o éxodo de cubanos da Illa. Para iso proponse dialogar con mulleres e homes que, desde distintos confíns, lle contan as súas experiencias; todas, con risco para as súas vidas. Con eses testemuños dialogados, proponse desenvolver unha posta dinámica en escena que nos leve á emoción, á dor e por momentos ata ó riso, porque ata nos peores momentos hai espazo para rir. Para levar adiante ese soño, Caridad conta con amigos entrañables: Lázaro, Regla e Fátima, todos cubanos residentes en Valencia, que a axudarán a buscar casos de fugas espectaculares e a montar un escenario insólito no medio dunha perdida nave industrial que lle permita a través da música, a palabra, a danza e a escenografía expresar con forza a súa profunda mirada sobre o desarraigamento, a nostalxia e a perda.” FILMOTECA DE GALICIA

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-adios-cuba-rolando-diaz
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android