20:30 hasta las 10:30
XI FindeCurta 2026
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Para participar na XI Findecurta tes que inscribirte entre o 6 e o 21 de abril de 2026 As persoas participantes deberán realizar unha curta seguindo os parámetros das bases: https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/more_info_service/2026-04/260326_finde_bases.pdf Os premios que podes acadar son un primeiro premio de 450 euros, que supón ademais a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega, e un segundo premio (Premio do Público), que supón a partipación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega. Máis información nas bases do Certame. Inscrición e pasos a seguir Para participar na XI Findecurta tes que cubrir o formulario de inscrición entre os días 6 e 21 de abril de 2026. Unha vez feita a inscrición tes que seguir os seguintes pasos: 24 de abril ás 20.30 h: Sesión informativa na Casa do Saber 24 de abril ás 20.30 h ata o 28 de abril ás 10.30 h: tempo oficial de realización da curta. Ata o 28 de abril ás 10.30 h: entrega da documentación e da curtametraxe 22 de maio ás 20.30 h: proxección e entrega de premios



