Concerto de Jouska String Quartet 01.12.2025 | 20.15h Pazo de Montenegro Lugo Casa do Saber Jouska String Quartet, composto por Marija Strapcāne e Sofía Fasla-Prolat, violíns, Marina Prat Mir, viola, e Kiril Fasla-Prolat, violonchelo, dará un concerto o luns 1 de decembro ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, enmarcado na programación do Outono Cultural. A entrada é de balde e libre ata completar a capacidade da sala. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar