Cidade da Cultura de Galicia | Museo Centro Gaiás
Monte Gaiás s/n - Santiago de Compostela Ver web
O vindeiro 16 de marzo ás 11:00 horas no Espazo CISPAC (Edificio Fontán) inaugurarase a exposición ‘As nosas liñas de investigación en Paleopatoloxía: Estado da arte I’, que ten como obxectivo achegar á comunidade universitaria e á sociedade os avances desenvolvidos polo equipo dirixido por Edgard Camarós así como abrir unha xanela ao laboratorio para mostrar como se estudan as pegadas da enfermidade no pasado e contribuír á difusión do coñecemento científico xerado.
A mostra, que permanecerá aberta ata o 16 de maio, reúne unha selección de pósteres científicos presentados en congresos nacionais e internacionais durante os últimos anos, xunto con material arqueolóxico, reproducións, modelos tridimensionais e outros recursos empregados no labor docente e investigador do equipo, moitos deles derivados de Traballos de Fin de Máster e do desenvolvemento de diversas teses de doutoramento.
De forma paralela, prevese a realización de visitas guiadas dirixidas ao alumnado de distintas titulacións, incluído o IV Ciclo, co obxectivo de reforzar o impacto formativo da iniciativa e consolidar a proxección académica da Paleopatoloxía como disciplina interdisciplinar.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/exposicion-linas-investigacion-paleopatoloxia-arte
Monte Gaiás s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar