USC Universidade de Santiago de Compostela
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
A compañía de teatro Noite Bohemia que dirixe Javier Fernández Mariño representará o mércores 6, ás 17.00 horas na Praza de Mazarelos, a obra 'Xuízo e morte de Sócrates', elaborada a partir de textos de Platón, Xenofonte, Dióxenes Laercio e outras fontes antigas e modernas sobre os últimos días da vida de Sócrates. A finalidade desta peza é poñer, por primeira vez, en forma teatral un dos acontecementos históricos de maior importancia: o xuízo público do Estado contra unha figura que contribuíu a fundar a cultura clásica e, por extensión, moderna, dándolle así a actualidade que merece. Será representada pola compañía de teatro.
A compañía Noite Bohemia naceu no 2008 como un proxecto de teatro escolar no seo dunha institución pública. Desde o Teatro Romano de Mérida ata o Teatro Jovellanos de Xixón, máis de cinco mil persoas por temporada conforman o público que sigue as súas representacións do teatro clásico, principalmente grego e latino. En 2011 a compañía recibiu o primeiro Premio Nacional Grecolatino do Ministerio de Educación español. Desde entón, recibiron dez premios nacionais máis —como os Premios Buero Vallejo de Teatro Novo, o Premio Nacional de Teatro Juan Mayorga ou o Premio de Teatro da Deputación da Coruña.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/representacion-obra-xuizo-morte-socrates
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar