N/D
Exposición 'Arxila, auga e lume', de Xurxo Oro Claro
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O venres 24 de abril ás 13.30 horas inaugúrase no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca a mostra 'Arxila, auga e luma', de Xurxo Oro Claro e comisariada por Monse Cea.
Nesta exposición, o artista galego Xurxo Oro Claro cambia o aceiro, material arredor do que desenvolveu a maioría da súa longa traxectoria, pola escultura cerámica. A cerámica alienase á perfección coa referencia constante do artista á cultura material popular e ancestral nos pobos, nomeadamente coa do Pobo galego, é dicir tanto coa artesanía como coa arqueoloxía. Na mostra podemos ver unha escolla de arredor de 40 pezas, de mediano e grande formato escultórico, resultado de tres anos de esgotador traballo nun taller da popular cerámica portuguesa de Barçelos, no norte de Portugal.
A mostra pode visitarse ata o 30 de maio, en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
Xurxo Oro Claro
Con unha traxectoria profesional dunhas cinco décadas, o artista Xurxo Oro Claro (Agolada, 1955) ten realizado una corentena de exposicións individuais e participado en máis de 300 mostras colectivas, ademais de ser recoñecido con importantes premios. A súa obra está representada en numerosas coleccións públicas e privadas de todo o mundo.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/exposicion-arxila-auga-lume-xurxo-oro



