De Mireia GabilondoJOSÉ MANUEL: 37 anos. Psicoterapeuta de éxito con parálise cerebral.
LUCÍA: 35 anos. Sofre unha depresión por parálise emocional.
YOLDI: 35 anos. Coidadora de plantas con parálise intelectual.
MARTINA: 60 anos. Psiquiatra con parálise metafísica.
Hai TRES ACTORES (aínda que CATRO PERSONAXES) porque LUCÍA sofre de trastorno de identidade disociativo, máis coñecido como personalidade múltiple; polo que tamén temos que falar de YOLDI, o outro “eu” de LUCÍA, que, polo trauma que ten LUCÍA, creou unha muller con discapacidades intelectuais.
Hai outros dous personaxes, aínda que sexan Intelixencias Artificiais: ALEXA E ENMANUEL.
Tres persoas, ou catro, mellor dito: LUCÍA ten unha depresión de cabalo que fai que viva unha experiencia vicaria a través de YOLDI, unha marabillosa moza con discapacidadeintelectual. YOLDI coidará as plantas de JOSÉ MANUEL, prestixioso psicoterapeuta que, por unha parálise cerebral, vese abocado a unha dependencia total. Só fala co seu psiquiatra dunha relación moi íntima que mantén con ALEXA, unha intelixencia artificial.
MARTINA, psiquiatra, un pouquiño misántropa, que non pode máis. Non pode coa vida. Non é capaz deaxudar á súa filla Lucía. Vai tirar a toalla? Se cadra, si.Con Aitziber Garmendia/Candela Solé (Lucía/Yoldi),
Telmo Irureta (José Manuel) e Mireia Gabilondo (Marina)Dirección: Mireia Gabilondo
Coprodución do Centro Dramático Nacional e Tanttaka Teatroa
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar