20:30 hasta las 22:15
Mofa e Befa: Os dous de sempre

Mofa e Befa: Os dous de sempre

De Varela & Cadaval (inspirada na obra de Castelao)

Pedriño e Rañolas son contraditorios, extremos, antagónicos, polarizados...mais amigos. Uné o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou con compasivo humor.Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta,ademais, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, Tolos e Animais compoñen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, un corpo que se escinde polo bisturí do doutor Castelao, e que andan os dous polo mundo, incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo un corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás, e outra, cómeas.

Con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto

Dirección: Quico Cadaval

Producións Teatráis Excéntricas

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android