*Venda de entradas soltas a partir do 9 de xaneiro
*Función accesible o venres día 23
Esta función é accesible a persoas con discapacidade sensorial e conta con:
-subtitulado adaptado
-audiodescripción
-bucle magnético individual
-sonido amplificado con auricularesDe Ramón María del Valle-Inclán, adaptación de Ainhoa Amestoy
Don Friolera, un militar preocupado pola reputación e a disciplina, empeza a sospeitar que a súa esposa, Dona Loreta, élle infiel con Pachequín, o barbeiro. Estas conxecturas xorden tras a chegada dunha nota anónima, e os posteriores rumores e insinuacións dos seus veciños e coñecidos.A suposta infidelidade de Dona Loreta convértese nunha obsesión para Don Friolera, o cal trama unha radical vinganza para restaurar a súa dignidade: cegado polos celos, proponse asasinar á súa esposa e ao suposto amante. A confrontación culmina nunha serie de eventos tráxicos e irónicos que subliñan a hipocrisía e o absurdo código da honra, á vez que reflicten a crítica social e cultural, e o ton grotesco do esperpento.Valle-Inclán adopta unha estrutura audaz á hora de presentar a historia, expondo tres visións desta: a través dun hilarante teatro de monicreques, mediante unha obra teatral ao uso e como un romance de cego.Con Miguel Hermoso, Armando del Río, Lidia Otón, Ester Bellver, Miguel Cubero, Pablo Rivero Madriñán, José Bustos, Iballa Rodríguez
Dirección e adaptación: Ainhoa Amestoy
Unha produción de Estival Producciones para Teatros del Canal
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar