20:30
Riazor Ostia
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
*Venda de entradas soltas a partir do 9 de xaneiro
De Gustavo Del Río
RIAZOR OSTIA é un poema escénico sobre o odio, a intolerancia e a resistencia. Cincuenta anos despois do asasinato de Pier Paolo Pasolini, a súa voz e o seu corpo seguen a interpelarnos, amosándonos feridas aínda abertas. Da súa man, a peza afonda no auxe do fascismo, da violencia e da memoria, atravesadas polas loitas e tensións que xorden arredor de temáticas sociais como a visibilidade LGTBIQ+, a xustiza, a educación, a relixión ou a política. Un asasinato baixo o berro de maricón conecta o mar de Ostia co de Riazor, transformando o silencio en reflexión, a cólera en esperanza e a memoria en futuro.
Con: Denis Gómez, Santiago Cuquejo, María Roja e Davide González
Dirección: Gustavo Del Río
Coprodución de Os Naúfragos teatro e AGADIC



