20:30
O punto impropio

O punto impropio

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Un corpo no esforzo de percibirse a si mesmo, que nos comparte as súas aproximacións, descubrimentos e revelacións. A entrada a un laboratorio no que a percepción se distorsiona e afínase á vez, propoñendo novas sensibilidades. Unha experiencia que cuestiona o eu percibido, a identidade construída en base a proxeccións comunmente asumidas. Un desprazamento cara a outras posibles versións: canto de nós énos alleo? que é o verdadeiramente propio e onde o atopamos?

[A/S/V] O punto impropio elabora movemento, son e imaxe en tempo real:
unha sorte de rexistro e composición auditiva (A), somática (S) e visual (V) que, en exercicio resonante, activa e resignifica a coreografía.

Elenco artístico

Concepto e movemento: Javier Martín

Produción e acompañamento: Sabela Mendoza

Deseño sonoro: Adolfo García

Iluminación: Octavio Mas

Acompañamento coreográfico: Pep Ramis

Concepto sonoro e artefacto escénico: Javier Martín

Vídeo e fotografía: Leo López

Vestiario: Ferdy, Cremallera Studio, Anna Whirling

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=153349
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android