20:30 hasta las 22:00
Nuestros muertos

Nuestros muertos

*Venda de entradas soltas a partir do 9 de xaneiro

De Mariano Llorente

Unha muller octoxenaria acepta ter unha entrevista co preso de ETA arrepentido que matou o seu fillo. Durante a conversación, que alterna a serenidade e mesmo o bo humor cunha tensión e unha dor ás veces difíciles de soportar, vanse debullando moitos dos temas esenciais destes anos terribles en que ETA ocasionou máis de 800 mortos, rompeu miles de familias e desangrou a todo un país. Pero tamén, durante este diálogo infestado de silencios e preguntas sen resposta, a mirada vai ir cara á represión franquista, que arrebatou a vida do pai da anciá, oitenta anos antes, e provocou unha ditadura de case corenta anos e deixou máis de cen mil desaparecidos por todo o país. Así pois, este é un diálogo onde o coche bomba etarra convive coas pistolas dunha cuadrilla de falanxistas, para penetrarmos na terrible soidade de quen foi unha vítima de ambos.

Con: María Álvarez, Carlos Jiménez-Alfaro, Clara Cabrera e Javi Díaz

Dirección: Mariano Llorente

Micomicón Teatro

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android