20:30 hasta las 22:00
Artur UI, o ovo da serpe
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
ESTREA ABSOLUTA - 13 DE MARZO
De Bertolt Brecht, adaptación de Quico Cadaval e Diego Rey
ARTUR UI o ovo da Serpe é unha aposta por contar o momento actual a través da lente crítica e irónica do teatro épico.Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico do século XX, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co momento actual no que o fascismo asoma novamente o fuciño fóra do ovo.
Con: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado , María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Dirección: Quico Cadaval
Talía Teatro



