Unha produción de Os Náufragos teatro e a AGADIC.
Un poema escénico sobre o odio, a intolerancia e a resistencia. Cincuenta anos despois do asasinato de Pier Paolo Pasolini, a súa voz e o seu corpo seguen a interpelarnos, amosándonos feridas aínda abertas. Da súa man, a peza afonda no auxe do fascismo, da violencia e da memoria, atravesadas polas loitas e tensións que xorden arredor de temáticas sociais como a visibilidade LGTBIQ+, a xustiza, a educación, a relixión ou a política. Un asasinato baixo o berro de maricón conecta o mar de Ostia co de Riazor, transformando o silencio en reflexión, a cólera en esperanza e a memoria en futuro.
Con Denis Gómez, Santiago Cuquejo, Leonor Sangabriel e Pablo Federico.
Autoría e Dirección: Gustavo del Río
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar