19:30
Letras Galegas 2025: Conferencia do profesor Antón Santamarina
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Letras Galegas 2025: Conferencia do profesor Antón Santamarina Lun, 26/05/2025 - 19:30 Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere. Recuperamos a conferencia aprazada pola crise enerxética, apagón, do 28 de abril. O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas de 2025 cunha conferencia de grande interese que pronunciará o profesor Antón Santamarina, apoiado por medios audiovisuais. Antón Santamarina, natural de San Martín de Suarna (A Fonsagrada), é profesor xubilado da USC e colaborou coa experta suiza Dorothé Schubarth na elaboración e publicación do Cancioneiro popular galego (1984-1988), unha obra de referencia neste ano no que as cantareiras ven recoñecido o seu merecido protagonismo na transmisión da nosa lingua e música tradicionais.



