20:30
NIK.EU 2.0 - iXA

NIK.EU 2.0 - iXA

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Adultos

Sinopse:
NIK·EU 2.0 preséntase como a última produción do proxecto iXa. Unha proposta de danza contemporánea creada para catro intérpretes de 50 minutos de duración. A obra foi estreada en abril do 2023 e está dirixida por Xián Martínez. Coproducida polo goberno de Navarra a través da fundación baluarte, Lekuona Fabrika de Rentería e a propia compañía cun primeiro período de residencia enmarcado dentro do Festival de danza DNA22 e unha segunda etapa que discorreu en Lekuona Fabrika a finais de 2022.

NIK·EU 2.0 segue, como xa é habitual, a filosofía de iXa centrada en desenvolver obras enfocadas nas artes do movemento pensadas especificamente para públicos non especialistas, buscando conectar co imaxinario colectivo e coa propia experiencia persoal do público asistente. A compañía amosa unha preocupación por levar a escena temáticas que xeren conciencia crítica e que conecten co humano, apostando por cuestiós sociais de perspectivas de xénero e máis especificamente de contido LGTBIQA+, etc.

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
  • Data de posta á venda 07/01/2026 as 16:00h.


  • Fuente: https://entradaslugo.es/evento/nik-eu-2-0?type=outros
    Download App iOS
    VIRAL App
    Download App Android