Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Todos os públicos
Sinopse:
Un neno campesiño galego dos anos 40. Miseria, ilusión, inxustiza, rebelión, derrota e esperanza: denominadores emocionais comúns a toda a paisaxe rural español daqueles duros anos. Un espectáculo que, falando doutros tempos, fala dunha condición aínda presente noutros espazos e outras formas . Unha homenaxe a todos os nenos campesiños do mundo: os que son, foron ou serán; os das aldeas da memoria e os dos surcos de asfalto; os expulsados da infancia;os refuxiados do medo;os que tiran pedras.
Espectáculo teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas, «Memorias dun neno Labrego»: En 1961 publicouse en Buenos Aires uno dos libros más dominantes da literatura galega. O más editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada.
CONDICIÓNSAdquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida. Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados. Data de posta á venda 07/01/2026 as 16:00h.
Fuente: https://entradaslugo.es/evento/memorias-dun-neno-labrego?type=teatro
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar