11:00 hasta las 14:00
Día das Matemáticas 2026

Día das Matemáticas 2026

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
A actividade celebrarase o domingo 15 de marzo, de 11:00 a 14:00 horas, na Praza Maior de Lugo. En caso de choiva, trasladarase ao Vello Cárcere.

A proposta aposta por un enfoque lúdico e festivo, xerando un clima de lecer que permite romper cos mitos que rodean as matemáticas. Ademais, fomenta a colaboración interxeracional e de distintos niveis de formación. A manipulación activa de materiais e xogos forma parte da esencia de Matemáticas na Rúa, creando unha experiencia estimulante para todas as persoas participantes.

Entre os diversos materiais utilizados destacan categorías como crebacabezas, superficies minimais, cadrados máxicos, bingos matemáticos, xogos de mesa, cordas e quebracabezas, entre outros. A categoría de quebracabezas é onde a diversidade alcanza o seu punto álxido. Coa súa capacidade para desafiar e entreter, convértense no grupo máis heteroxéneo de materiais.

O Día das Matemáticas celébrase en todo o mundo o 14 de marzo (3-14 no contexto anglosaxón) por seren estas as primeiras cifras do número pi.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android