O vindeiro domingo, 15 de marzo celebraremos a Gala Entrega do Premio Cántigas e Frores da Cultura Tradicional 2026. Nesta edición, os diferentes grupos da nosa asociación poñerán música e baile a un percorrido polas diferentes salas do Museo do Pobo Galego. Este ano, o Museo do Pobo Galego celebra os seus 50 anos de traballo pola investigación, conservación, divulgación e promoción da nosa cultura, polo que non podemos pensar en mellor ocasión para homenaxear a súa enorme labor e bo facer. Ademais, volveremos contar coa fermosa peza deseñada (e máis algunhas sorpresiñas!) por INTRE Cerámica para agasallar á institución. Por último, moitas grazas a Cultura Turismo e Lingua Lugo pola súa colaboración para facer este evento posible. Se queredes ser parte desta celebración, apuntade: 📅 Domingo 15 de marzo 🕗 20:00hs 📌 Auditorio Fuxan os Ventos 🎟️ 2€. Entradas pronto á venda en entradaslugo.es
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar