Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 15 anos
Sinopse:
“El Alcalde de Zalamea” é moito máis que un drama de honra. Ten bastante de comedia, e non é extraño que unhas cantas escenas provoquen o noso sorriso. Móvese nun código de complicidade co público, facéndolle participar das andanzas dunhas personaxes que sorprenden moito coas súas decisións.
“El Alcalde de Zalamea” conta a historia dunha violación e o seu difícil castigo. Neste punto, como non podería ser de outro xeito, so cabe a exposición do horror e a dureza dos argumentos postos na boca de persoas perfectamente recoñecibles, sacadas da vida mesma. O prudente Pedro Crespo, non dubida en negociar co violador da súa filla e invitalo a se converter no seu xenro. Isabel, a vítima, entende que é ela e non o seu agresor quen debe sufrir o castigo. Circunstancias, crenzas e despropósitos dun tempo pasado que, representadas nun escenario e alonxándonos moi pouco da mirada do autor, axúdannos a entender o presente, un presente no que necesariamente teremos que cuestionar aquelo que fumos e descubrir que quizais as cousas cambiaron moito. Ou quizais non.
CONDICIÓNS
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar