20:30
SÉS. Nadando na Incerteza

SÉS. Nadando na Incerteza

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
SÉS. Nadando na Incerteza
Desde
19,80 €

Auditorio Fuxan os Ventos | Lugo

24 Xaneiro 2026 20:30

SÉS - "Nadando na incerteza"

SÉS presenta ao vivo o seu novo traballo, "Nadando na incerteza", un traballo no que a canción sitúase no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións. O disco, composto por 13 cancións orixinais, caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental,  as voces que respiran con peso e temas concibidos para sosterse por si mesmos, coa palabra e a melodía como eixos arredor dos que todo xira.

Elenco:

SÉS - voz, guitarra e percusións

Sabela Galbán - acordeón, frauta, percusións e voz

Hirahi Afonso - timple canario e guitarra

Tito Calviño - guitarra

Mayfer Pinto - percusións
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android