Lago Comedy Club - Miguel Lago Auditorio Fuxan os Ventos | Lugo 16 Xaneiro 2026 20:30 Miguel Lago cumpre 25 anos sobre os escenarios e celebrarao coa súa décimo sexta tempada ininterrompida sobre os teatros. Para iso volverá abrir as portas da súa COMEDY CLUB. Máis de 50.000 espectadores gozaron a pasada tempada desta revolución do clásico show unipersoal no que Miguel demostra ser máis libre que nunca. Lago, demostra cada semana por que é o gran referente da Stand-up no noso país. O seu Comedy Club ao estilo dos grandes clubs de Broadway é un templo de comedia onde cada función é única. E é que o que pasa no club, queda no club, por iso en «LAGO», o público pode esperar o inesperado. Novos textos, novas rutinas, outras clásicas, reflexións sobre a actualidade e anécdotas persoais, todo co inconfundible selo e a mestría de Miguel Lago. Seguindo ese espírito do máis puro club de comedia de Stand-Up en cada función haberá cómicos convidados de todo tipo. Poderás descubrir a novos talentos e tamén sorprenderche con grandes artistas que non queren perder a oportunidade de compartir escenario con Miguel Lago. A fórmula do éxito de «LAGO» é sinxela: un perfecto mix do humor acedo, intelixente e provocador, xunto coa enerxía e a química dun público que consegue que cada función sexa irrepetible. “LAGO” transforma cada semana o teatro, no club de comedia máis importante da capital. Un escenario aberto que aposta por reivindicar a Stand Up máis puro e sen complexos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar