20:30
Basal - Ugía Pedreira

Basal - Ugía Pedreira

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: A partir dos 13 anos

Descripción:
O amor pola sonoridade e o significado das palabras que caracterizan a obra de Ugia Pedreira sustentan o seu novo traballo, o segundo en solitario despois de Segmento Cantábrico (2021), publicado en xuño do 2024. Unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa.

Basal son nove cancións entretecidas pola narrativa visual e cotiá da artista no seu hábitat actual, a súa casa natal na Mariña, na procura do básico e orixinario. Unha viaxe polas diferentes Pedreiras, dende a Ugia mai ata a nena cantautora con guitarra e voz, que subiu por vez primeira a un escenario con 14 anos.

Basal é unha fusión de estilos diversos, pintando a música galega desde o magma da composición con temática filosófica, política, persoal, social... A Pedreira ten a capacidade de escribir versos implacables de enorme certeza ou de escoller poemas suntuosos para musicar. Pasea polas creacións melódicas que se revisten da expresividade da lingua galego-portuguesa.

As cancións que compoñen este novo traballo van desde unha paixón arrebatada a unha tenrura que calma, a berrar conscientemente a dor e analizala, a facerse amigos do medo. Son para bailar, rir, chorar e pasear nun mapa emocional excelentemente trazado.

Estamos diante dunha carga educacional intrínseca sobre a saúde individual e colectiva a través da arte, sobre como a música repercute no cerebro e se somatiza no corpo-casa. Converte unha conversa de WhatsApp en canción para nadar entre os tópicos do amor, vai a unha devoción real polo Mar que é constante na súa obra, emprega xogos de palabras domésticas, a propia voz da súa nai Isabel, que ten un don para o cantar, ou a voz da súa filla Lúa improvisando nun momento íntimo.

Unha viaxe interior confesional centrada na súa liña xenealóxica feminina, nunha paleta rítmica amplísima tanto de instrumentos orgánicos como electrónicos.

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.


  • Fuente: https://entradaslugo.es/evento/basal?type=musica
    Download App iOS
    VIRAL App
    Download App Android