Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 4 anos
Sinopse:
QUE PASARÍA SE DEIXASEMOS ENTRAR AO ABURRIMENTO? Se as nenas e nenos non tiveran pantallas, se os seus xoguetes non tiveran luces, música e mil estímulos e se por un momento non houbera nada concreto que facer? Se houbera xoguetes de mecanismos e materiais básicos soamente? Pois quizais, tras uns minutos de queixa, a súa mente poñeríase a buscar, porque dende logo unha cabeciña aburrida non é unha cabeza quieta. E acó vén un segredo: esa é exactamente a porta á imaxinación e á fantasía.
ESTA É A HISTORIA DE MARIÑA, UNHA NENA QUE GRAZAS AO ABURRIMENTO SE CONVERTE EN IDEA! O seu pensamento ten forma de tarabela de cores. Unha tarabela de 2,20 m de altura que cada vez que xira fará que se lle vaian ocorrendo un lote de ideas mentres xoga na súa habitación. Así, irase enfrontando a dragóns, a xigantes, aprenderá a usar o enxeño e ata tocará o violoncello. Usará a linguaxe do xogo, mediante a cal poderemos entrar no seu universo, no que encarnará a distintos personaxes fantásticos. E a iso tamén nos axudarán os seus enormes xoguetes, a música, os efectos visuais e sonoros e o vestiario.
CAL É A MENSAXE? O aburrimento, ao que se lle pecharon as portas nestes tempos é, en realidade, un ben necesario para a educación dos nenos e das nenas. O caldo de cultivo para a súa creatividade, para aprender a estar consigo mesmos, como forza motora e impulso prosocial. Amplamente estudado: sen aburrimento, o futuro pinta mal.
CONDICIÓNS
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar