20:30
Yo solo quiero irme a Francia - Contraproducións

Yo solo quiero irme a Francia - Contraproducións

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:
Canto pesan las herdanzas emocionais, esas que ninguén reclama, pero que adoecen a xeracións? Non só o proceso de escribirlle a Pilar, a nosa protagonista, senón tamén as miñas propias memorias das historias que me contaba a avoa e me acompañaron durante todo o proceso de escritura. O seu ” Eu: ver, oír e calar”, tantas veces dito a miña nai, miñas irmás e a min, é algo que, aínda que non me pertence directamente, segue vivo a través de min. Herdanzas similares acompañan aos catro personaxes desta obra. Pilar, unha anciá que só é capaz de
enfrontarse á vida no propio velatorio. Marisol, que foxe para encontrar un lugar onde librarse da culpa. Leo, que viaxa polo mundo escapando do desexo de ter un fogar. Inés, quen, na súa obsesión por indagar no pasado, espera entenderse a si mesma. En realidad, todas elas buscan ese lugar que imaxinan. Algúns chamámoslle liberdade. Outros chámano Francia.

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
  • Data de posta á venda 07/01/2026 as 16:00h.


  • Fuente: https://entradaslugo.es/evento/yo-solo-quiero-irme-a-francia?type=teatro
    Download App iOS
    VIRAL App
    Download App Android