18:30
Berenguela na Gaiola - Galeatro + Xarope Tulú + CDG

Berenguela na Gaiola - Galeatro + Xarope Tulú + CDG

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 6 anos

Sinopse:
Nunha residencia da terceira idade traen de volta a Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Representando Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María, as tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo.

Berenguela na gaiola é unha divertida e emotiva proposta para público familiar; unha coprodución de Galeatro e Xarope Tulú co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT) con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira.

A peza foi gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2025.

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
  • Data de posta á venda 07/01/2026 as 16:00h.


  • Fuente: https://entradaslugo.es/evento/berenguela-na-gaiola?type=familiar
    Download App iOS
    VIRAL App
    Download App Android