16:30 hasta las 19:30
Xornada de iniciación aos toques de sacho

Xornada de iniciación aos toques de sacho

💥Obradoiro de iniciación aos toques de sacho ou leghón en Lugo. 

O vindeiro sábado día 15 de novembro terá lugar un obradoiro de de iniciación aos toques de sacho ou leghón na Tradescola.  Xandre Outeiro será o encargado de guiar o obradoiro onde nos amosará os principais toques específicos para ribeirana na aña (Toutón/Aboal, Queimadelos, Barcia de Mera), aprendendo unha peza de exemplo de cada; e tamén o xeito de adaptar ao leghón os demais ritmos habituais da zona. 

📍Terá lugar no Centrad (Lugo) en horario de 16.30 horas a 19.30 horas.
O Obradoiro, que conta coa axuda da area de Cultura e Turismo de Lugo do Concello de Lugo, pretende achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada; é de balde e ten as prazas limitadas (por orde de inscripción). * É necesario ter coñecementos básicos dos ritmos tradicionais.

👉Xandre Outeiro, é autor do libro-CD "Manüele... de pandeireta e canto tradicional", baseado nas experiencias de anos de recolleita e difusión da música tradicional; primeiro desde o grupo e asociación O Tear de Llerena (2001) e máis adiante coa Asociación Cultural Trépia. Ten impartido aulas de percusión e canto tradicional en diversas escolas do país, e actualmente está volcado no estudo e dinamización do baile e a música tradicional de transmisión oral na súa comarca, a Terra de Montes, sen deixar de lado as pesquisas e análise doutras comarcas.

✍️Para inscribirse no obradoiro ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal 

Esperámosvos!!!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android