00:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | “Alén do lago” de Carlos Folgoso Sueiro

EXPOSICIÓN | “Alén do lago” de Carlos Folgoso Sueiro

“Alén do lago”, do fotógrafo verinense Carlos Folgoso Sueiro, é o proxecto gañador da décimo segunda edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, organizado pola  Asociación Outono Fotográfico coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A exposición poderá verse ata o 30 de xuño no Centro de Artesanía e Deseño, inicio dunha itinerancia por outras cidades galegas e portuguesas - como Braga no ámbito do festival intenacional Encontros da Imagem-, ademais doutras cidades internacionais como Londres, Nova York ou San Petesburgo.

Sinopse do proxecto

“Alén do Lago” preséntase como  unha viaxe metafórica a través das idiosincrasias de Galiza, atravesada polo entorno máis próximo do autor, unha narrativa construída cunha atmosfera cinematográfica que nos transporta a un tempo indeterminado, onde se mesturan as realidades sociais e políticas coas lendas galegas e coa súa fronteira con Portuga

A tristeza e o traballo como sinais de identidade, a emigración profundamente enraizada, o que protexemos e o que desprezamos, a tradición e os incendios forestais, as crenzas sincréticas e as mitoloxías, e unha dualidade entre forza e opresión que sempre caracterizou o noso pobo, son os eixos principais deste proxecto.

Premio Galicia Fotografía Contemporánea

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea naceu en 2013 co obxectivo de promover esta arte e as cuestións éticas que ten, en relación coas formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. Busca fomentar a creación dun espazo fotográfico en Galiza que complementen ao Outono Fotográfico. Nas últimas edicións os recoñecementos premiaron o traballo de Joan Alvado, Lois Cid, Patricia Barbosa e Gloria Ximendaz.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android