17:00
Música de Raiz Galega da man de Xavier Blanco

Música de Raiz Galega da man de Xavier Blanco

O  martes día 10 de xuño no Centrad ás 17.00 horas teremos unha representación didáctica de Música de Raiz Galega da man de Xavier Blanco.

Este concerto, enfocado para público familiar, aberto e de balde ata completar aforo, está patrocinado polo Centrad, e nel, Xavier Blanco achegaranos ao coñecemento de numerosos instrumentos da nosa tradición musical e tamén amosará os seus sons a través do toque dos mesmos.
 
Unha viaxe na compaña de instrumentos primixenios como o Choquen, a Esbila, a Cabra fanada, a Frauta do cuco ou a Gaita de cana....

Escoitar a Xavier Blanco é escoitar a tradición, el é capaz de traer a este século a forza e a sonoridade do pasado musical máis humilde, máis natural e máis auténtico. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android