00:00 hasta las 00:00
Curso de Música Tradicional 2025-2026

Curso de Música Tradicional 2025-2026

O mércores día 3 de setembro, abrimos o prazo de matrícula para este vindeiro curso nas aulas de
gaita, zanfona, acordeón, acordeón diatónico, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos, e este ano cunha novidade mais, clases de clarinete!!!!
A TRADESCOLA, o centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música e do baile tradicional.), os mestres e mestras implicados no proxecto educativo da Tradescola son: Alberte Núñez (aulas de acordeón e acordeón diatónico) Bruno Villamor (aulas de gaita e requinta), Lucía Eiros (aulas de linguaxe musical e clarinete), Xabier Iglesias (aulas de baile tradicional e de iniciación á música e o baile tradicional para nen@s), Jose Manuel López (aulas de gaita), Branca Villares( aulas de canto e pandeireta e pandeira), Roberto Rodríguez (aulas de canto e pandeireta), Germán Díaz (aulas de zanfona) e Miguel Anxo López Buján (aulas de percusión tradicional).
As aulas impartiranse nos locais do Centro Lug 2 e nos locais do Centrad de Lugo.
A matrícula permanecerá aberta en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas ata o 13 de setembro nos seus locais na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo.(Centro Lug2) ou no teléfono 982229966.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android