19:00 hasta las 14:00
Xornadas sobre o Entroido da Tradescola

Xornadas sobre o Entroido da Tradescola

Os vindeiros días 21 e 22 de febreiro celebraremos no Centrad de Lugo unhas Xornadas sobre o Entroido  na Tradescola, neste caso enfocadas a alumnado e público adulto.

Inscricións no tlf 982229966 – 626705708  ou no correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal 

__________

Programa:

💥Venres 21 de febreiro 

- 19.00 horas - O entroido en Lugo: cidade e provincia - Faladoiro e memorias de entroidar – Branca Villares.
* entrada libre ata completar aforo
Neste faladoiro das tradicións de entroido, faremos un percorrido por tradición de Entroido da provincia de Lugo. Convidamos á xente de Lugo cidade e provincia que teña interese  pola celebración do Entroido, que veña compartir con nos memorias de costumes de entroidar, e compartir así distintos xeitos de vivilo.

💥Sábado 22 de febreiro

- 11.00 -12.15 Obradoiro “Danzas de Entroido” – Xabier Iglesias
Neste Obradoiro descubriremos que en Galicia e en todo o mundo existen bailes propios da época do Entroido. 

NON son precisos coñecementos de baile para o obradoiro de danzas de Entroido. 

Mediante estes bailes poderemos coñecer e respectar a diversidade cultural e social e asemade coñecer e participar coas propias tradicións. 
Reflexionaremos sobre os aspectos éticos da actitude das persoas que se “ocultan” baixo un disfrace no Entroido. 
Descubriremos a nosa capacidade para guiar un grupo nun momento dado e inventar novos bailes e expresións artísticas para levar a cabo no Entroido 
Reflexionaremos sobre o feito de que o baile antigamente se facía nas propias aldeas sen que foran necesarios grandes desprazamentos. 
En definitiva, disfrutaremos das músicas e bailes do Entroido dunha maneira desenfadada e en comunidade, como corresponde coa celebración máis gamberra do ano!

- Descanso

-12.30 -13.45 Obradoiro práctico de tradición oral: as composicións satíricas e a transgresión. Testamento do burro,  xuízo de entroido e demais trifulcas – Branca Villares

Neste OBRADOIRO debullaremos as composición satíricas dos entroidos tradicionais, analizaremos tipoloxías, e daremos pautas para a composición de letras actualizadas.  A TRADICIÓN oral do Entroido ten vixencia pola renovación, e a composición é fundamental para a sua conservación e  transmisión.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android