10:00 hasta las 20:00
MOSTRA | “Mulleres en Acción polo Planeta: Océanos e Terra”

MOSTRA | “Mulleres en Acción polo Planeta: Océanos e Terra”

Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente -5 de xuño-, a Capela de Santa María de Lugo acolle a mostra de deseños con materiais reciclados “Mulleres en Acción polo Planeta: Océanos e Terra”, comisariada polas artistas  Dolores Guerrero e Rosa Gallego del Peso

Trátase dun proxecto artístico reúne deseños de 21 mulleres que transformaron materiais reciclados - plásticos, papel, cartón, cápsulas de café ou recortes de tea— en creacións de deseño artístico cunha forte mensaxe para concienciar sobre o impacto do cambio climático e denunciar o alarmante aumento na xeración de vertidos.

A artista lucense Dolores Guerrero ultima a preparación da mostra da que destaca, ademais das súas calidades artísticas, unha mensaxe que convida á reflexión sobre o exceso de residuos, a contaminación de mares e océanos, o consumo desmedido de roupa e a importancia da reutilización e a reciclaxe para protexer o noso planeta.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android