Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
CONCERTOS | “As literatas para Rosalía de Castro” Laura LaMontagne e Sara Nebra actúan na Capela de Santa María de Lugo, trazando unha liña do tempo entre a nosa poeta máis emblemática e a creación artística contemporánea As actuacións, gratuítas e con entrada libre ata completar aforo, serán o venres 21, a partir das 20.00 horas, na Capela de Santa María. Caraveis e láminas na Rede Museística Durante toda a xornada e como xa vén sendo habitual, os catro museos da Rede Museística Provincial – o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Pazo de Tor e o Fortaleza de San Paio de Narla- agasallarán ás visitas un caravel e unha lámina conmemorativa cun deseño da ilustradora Sandra Lodi, acompañado dos versos do popular poema “Alborada” (Cantares Galegos, 1863) A ilustradora destacou que se trata dun deseño que “busca dar a imaxe de Rosalía como muller forte e ruda, quitando o romanticismo e demostrando como influíu nas mulleres galegas do rural e nas xeracións presentes e vindeiras, destacando o valor do seu traballo polo lingua e os dereitos das mulleres”. Tamén o venres 23 de febreiro ás 19:00 horas, o Museo Provincial de Lugo acollerá o “Encontro de saberes arredor de Rosalía de Castro”, no que a profesora honoraria da UDC e sociolingüísta Pilar García Negro e a profesora de Lingua e Literatura Galega da mesma universidade e especialista en literatura e xénero Mª do Carme Fernández Pérez Sanjulián, especialistas en literatura e xénero, debaterán sobre a figura de Rosalía de Castro. O diálogo artellarase a partir da proposta temática “Intrahistorias de A las orillas del Sar, El primer loco e o patrimonio documental e artístico do Pazo de Tor”, que relaciona o patrimonio e a historia do Pazo de Tor con temáticas presentes na obra de Rosalía de Castro como a loucura ou a defensa ecolóxica da carballeira de Conxo fronte a un poder foráneo.
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar